FERVENZAS
FERVENZAS

Os Cruceiros de Aranga

Páxina en obras...

Cruceiro de San Paio de Aranga:

Situado no atrio da igrexa de San Paio de Aranga.

Asentase sobre unha plataforma de tres gradas cadradas de sillares encintados. O pedestal é amplio de forma trapezoidal de caras lixeiramente alabeadas e remate alto de moldura toroidal. Apreciase unha inscripción. A columna alta iniciada nun cadrado enmarcado e seguindo cunha sección octogonal con remate en collarín. Continua co un capitel iniciado con forma cilíndrica lisa e rematando con decoración de volutas e cabezas aladas de anxelotes. A cruz de forma cuadrangular con aristas biseladas con remates en flor de Azucena.

Por unha das caras o letreiro INRI sobre un cristo coas mans abertas, cabeza inclinada a dereita, coroa de espiñas e amplio pano da pureza. Na outra cara a Virxen Dolorosa orando coas mans xuntas cuberta cun amplio manto e colocada sobre peana formada por tres cabezas de anxelotes.

Cruceiro de San Pedro de Cambás

Situado frente a igrexa que lle da o nome. Sostense este cruceiro sobre unha plataforma cadrada de tres pisos con sillares desencaixados. O pedestal de dous corpos o primeiro cuadrangular baixo e o superior cúbico con amplia moldura convexa de media caña o redor. A columna inicia con un prisma cuadrangular seguindo logo con forma ochovada por rebaixe de aristas.Continua nun capitel clásico,na sua metade inferior prácticamente cilíndrico e de esquema xónico con volutas nas esquinas e anxelotes esbozados nas caras do corpo superior. Remata este cruceiro con unha cruz simple de sección cadrada sen imaxes. Esta cruz foi colocada para sustituir a orixinal desaparecida.

 

 

 

Cruceiro de San Pedro de Feás

Situado no lugar de A Lagoa, moi cerca da igrexa.

Comeza con unha plataforma de tres gradas cadradas sobre a que se asenta un pedestal en dous corpos, o baixo de forma cubica e alto de estilo toscano co típico rebaixe de media caña o redor, a columna e a clásica de forma cadraa-octogonal-cadrada con rebaixes en forma de frecha e remate de collarín cadrado. O capitel de dous corpos, o baixo da forma da columna e o corpo alto de orden xónico e formas bastas con volutas saintes e cabezas peladas que poden ser de anxelotes. A cruz de paus cilíndricos espiñosos imitanto un árbol podado. Ten a imaxe de Cristo baixo o pergamino de INRI, mans cerradas, cabeza ladeada a dereita, melena e barba, con unha coroa de espiñas.Torso marcado, pano amplio con nudo a dereita talla corta e de formas tradicionais. No lado contrario imaxe da Virxen coas mans xuntas e baixas,con amplio manto de plieges marcados desde a cabeza, colocadasobre amplia peana con tres cabezas de anxelotes. Exemplar do s.XVIII construido en boa pedra e en bo estado. Presentaba restos de pintura policromada pero foi limpado. O pe do mesmo situase unha mesa de pousadoiro do lado da imaxe da Virxen. Restaurado fai uns anos.

Cruceiro de San Cristovo de Muniferral

Situado na explanada frente a igrexa de San Cristóbal. Comeza con unha platafora de tres gradas sobre o que se asenta un pedestal simple de forma cúbica, con unha placa de mármol na que se reflexa a data de restauración no ano 1958. A columna comeza sendo cadrada convertendose en octogonal por rebaixe de aristas. O capitel xeométrico de pouca altura, filete recto e moldura inferior de caveto. Remata este cruceiro nunha cruz casi grega, brazos e mastil octogonais de extremos potenzados.

Por un dos lados podemos ver un cristo baixo o letreiro de INRI, mans abertas, ollos cerrados, cabeza grande lixeiramente caida a dereita con melena e coroa de espiñas, pano anudado s dereita.

 

publicidade

Podes atopar parte dos contidos da antiga web en :

santiaranga.wordpress.com

en redes sociais

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Santiago Fernández Sánchez