FERVENZAS
FERVENZAS

A Mámoa da Fraga do Vello

As Mamoas da Fraga do Vello, información extraida do traballo“EXPLORACIONES DE MAMOAS EN ARANGA Y CAMBÁS (LA CORUÑA) por JOSE Mª LUENGO, agradecemento a J Sobrino.

Con data do 14 de novembro de 1944, a Comisaría Xeral de Excavacións Arqueolóxicas autorizou a D.Arsenio Garcia Freire para que, pola sua conta e baixo a dirección de Luengo, realizaranse excavacións nas mámoas de Aranga.

A primeira excavación levouse a cabo na mámoa da Fraga do Vello, cercana o lugar onde se emplazaba o Castelo de Aranga.

Atópase esta mámoa encaixoada entre penas. A sua planta e oval, acabado en pico casi nun extremo do eixe largo. Esta construida con planchas de granito, colocadas de plano unhas sobre outras, formando capas sucesivas, en disminución cara o cúspide do monticulo. As medidas son, 20 mettros no eixe maior, 11 metros no menor, a altura aproximada sería de uns 4 metros. Esta danada por excavacións ilegais anteriores. Procedeuse a unha nova apertura e no fondo atopouse unha laxa de forma oval de 60 cm de ancho por 80cm de loga, debaixo da cal no se atoparon restos.

Estes túmulos son pouco frecuentes, neste caso tanto pola situación coma pola construcción.

 

 

 

Mámoa Fraga do Vello

 

publicidade

Podes atopar parte dos contidos da antiga web en :

santiaranga.wordpress.com

en redes sociais

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Santiago Fernández Sánchez