Situadas na provincia da Coruña, forma parte da comarca de Betanzos. Desde o seu coñecemento (2.500 - 2000 aC en Galicia) 0 ouro, sempre foi un metal moi codiciado e buscado, o mesmo en España como nas terras mais remotas, quedando como testimonio delas grandes obras que se utilizaron para a sua explotación.
Os filons de cuarzo con contido en ouro podense dividir en duas clases:
- Aqueles nos que o metal está libre
- No que se presenta mezclado con outros corpos .
Atopandose algunhas masas cuarzosas nas que no seu comezo, por efecto das disolucións experimentadas por certos elementos, aparece o ouro suelto, mentras que en profundidade está convertido en sulfuro, telurio ou seleniuro.
En Aranga a xeoloxía do terreo e apropiada para a formación deste metal, todolos investigadores están conformes en que a sua aparición e mais frecuente nos terreos do Secundario,e en que está asociado o cuarzo e diseminado entre as pizarras talcosas, arcillosas e de clorita; mezclado as veces con óxido de ferro, concretamente a limonita, e polo xeral os sulfuros metálicos, como a pirita de ferro, cobre, antimonio, plomo e por suposto o arsénico, nas Formacions Cambrianas e Silurianas, elementos moi abundantes en Aranga e concellos limitriformes.
Teremos en conta que nos montes donde se atopa ouro neste concello, atopanse ubicados dentro da Zona IV, según MATTE denominada Galicia Central Tras Os Montes, en pleno Dominio de Anticlimatorio do “Ollo de Sapo”. Que as masas de piritas arsenicales, están inmersas en distintas franxas de uns 300 metros, deas denominadas Pizarras dos Montes, que consisten en pizarras negras con intercalacions areosas e cuarcitas pertencentes o Ordivicio Inferior. Que coas pizarras, sobre todo polo lado leste, prácticamente limita unha masa paralela as anteriores, compostas de gneises micro-glandulares, cuarcitas feldespáticas e esquistos dos chamados “Ollo de Sapo” de gran fino, pertencentes o Precámbrico.
Polo exposto, e polo que a continuación se relata, e unha zona rica en criadeiro de ouro. As piritas arsenicales son relativamente frecuentes de atopar na xeografía que nos ocupa, que pola sua lei en ouro, ben poderían traballarse actualmente con maquinaria adecuada, o mesmo tempo que extraer o arsénico para as suas aplicacións actuais.
As mostras analizadas procedentes dos montes de Aranga poseen de 10 a 40gr por tonelada, sendo maior esta cifra según a cantidade de cuarzo que acompañe a mostra.
En Aranga presentase en moitos filons atravesando os distintos extractos pizarrosos, sendo prácticamente paralelos e non moi anchos, espaciados ou xuntos algunhas veces, ou descompostos formando parte do material extraído, en profundidade toman consistencia e desaparecen o chegar a terrenos de distinta Edade Xeolóxica.O ancho dos filons oscilan entre os 5 e 40 centímetros aproximadamente, chegando éstos a un metro nas masas de cuarzo, coa consiguinte irregularidade do xacemento polos seus plegues, o recheo da sua composición e outros; contendo arsénico do 30 o 46%.
Na zona de Aranga, donde discurren estas masas de ouro e arsénico, a vez, que por Monfero e Curtis, xa que se trata das serras que cruzan entre a localidade de Aranga e A Fragachá de Leste a Oeste, observanse varias catas nas que se ven estos filons, no medio de cuarzo aurífero, que é seguro teñenen ouro de boa lei. Tamén en Curtis na localidade de Abeledo observouse fai anos nas Minas de “Consulelo”, “Presentación” “San Pedro” e “Sánchez Roca” as mesmas manifestacións; nas que posteriormente se efectuaron traballos para cortar 17 pequenos filóns, o maior de 10 centímetros de ancho sacando unas 60 toneladas de moi boa clase, pero que daquela non era rentable polo baixo valor no mercado en relación co custo de extraelo.
Estos filóns nomeados anteriormente son os que discorren por Aranga, entre os lugares mencionados, extendéndose o criadeiro hasta mais ala de Monfero. En Aranga explotaronse entre 1930 y 1945, chamandose as suas minas, “Mercedes” e a outra “Paquita” que están situadas en duas serras cercanas distintas e paralelas entre sí, ambas situadas na parte inferior e superior do monte O Espiñaredo. Proseguiendo os seus filóns, por Monfero e, manifestándose de novo en Valdoviño coas concesions que tivo chamadas “Virgen do Porto” “Joselín” e otras, neste último lugar existiu un forno da casa “Herrenschmit” para aproveitar o ouro dos seus nove filons, atacados o igual que en Aranga, por medio de galerías.