Ara votiva, detalles
Ala polo mes de agosto do ano 1967 apareceu na igrexa parroquial de San Vicente de Fervenzas un ara votiva da época romana adicada a Xúpiter. Atopouse no subsolo do prebisterio, lado correspondente o
Evanxelio, con ocasión dunhas obras realizadas no mesmo. Era rector desta feligresía don Ramiro Ferreiro López, un home de gran cultura, feito que probablemente salvara a peza do olvido, nun tempo
que se daba moi pouca importancia a estas cousas.
A aparición desta ara fai pensar na posibel existencia dun templo pagán que puido ser destruido o surxir o cristianismo, levantando no seu lugar a igrexa actual. Cousas semellantes ocorreron con
moita frecuencia.Durante varios anos esta ARA permaneceu na mesma igrexa, no ano 1981 foi trasladada a Betanzos para unha exposición organizada polo concello brigantino. A partires do ano 1983 pasa a
ser depositada no Museo das Mariñas en Betanzos.
A ara está feita en granito do país, de forma prismática e sección rectangular, con danos na parte superior, aprecianse restos dunha moldura simple, repitese este adorno en toda a base que tamén está
rota na parte destinada a ir crabada na terra. Na cara posterior non aparece labra ningunha nin señales de focus no lugar acostumado.
Ten unha altura de 63 cm, 22,5 cm de ancho (na parte media do tronco) e uns 20 cm de espesor medio.
O tamaño das letras, grabadas en oco, oscila entre 48 e 50 mm, podendo atribuirse a inscripción, polo trazado dos caracteres, a segunda metade do século I da nosa era, esto coas necesarias reservas.
A separación das palabras está representada por puntos apróximadamente redondos .O texto aproximado que se aprecia e o seguinte:
-R(rufus) Bassi-
-ânus v-
-otum
-Iovi
-I(ibens) a(nimo) s(olvit).
Interrupción por puntos, e nas liñas 3-4 de ápices. Liña 1: R(rufus) B?assi .-liña 2: mus v
O xentilicio Rufius aparece na península Ibérica soamente en Asturica Aug. (CIL II 2659 = ILer 4058), en Lucus Aug. (IRPlugo 28, na nai dun cives -sic- Asturicensis) e en Tarraco (CIL II 4332 = RIT
368); o seu cognomen aparece na península por primeira vez na presente inscrición. Por esa razón e tamén polo caracter da ara e da estructura do texto, en todo estranos ó galaico-romano, o dedicante
procedía seguramente de fora do Conv. Lucensis.
Todos estes datos foron extraidos do Anuario Brigantino 1993, e proceden das investigacións do profesor brigantino Vales Villamarín
¡Recentemente atopouse unha nova ARA adicada a Xupiter no entorno da igrexa de San Vicente.
Este novo descubrimento e unha nova proba da importancia deste lugar tempos atrás, e pide por unha investigación a fondo de toda a contorna para revalorizar e catalogar tódolos bens coñecidos e os que poidan aparecer.
Cabe agradecer a nosa veciña Bea que fisexe público este descubrimento. E sabido que moitas pezas quedan no olvido ou destrúense por total ignorancia. Esta nova ARA foi depositada no Museo das Mariñas de Betanzos.
Abaixo imaxen da Ara cos datos recollidos polos amigos do Colectivo A Rula recomendase visitar a sua páxina.