Os
Camiños históricos
Pola súa localización xeográfica a capital municipal Ponte Aranga, constitúe un dos eixes
fundamentais nas comunicacións do municipio con outros lugares máis ou menos afastados.
Hai identificados oito Camiños Reais que compoñían unha intricada rede que comunicaba esta zona
con lugares como Irixoa, Curtis, Sobrado, Betanzos, As Pontes ou Vilalba.
- Ponte Aranga – As Pontes de García Rodríguez, través de Cambás e Xestoso.
- Ponte Aranga – Irixoa, pasando por Pereira.
- Camiño da Veiga. Dende Ponte Aranga, dirixíase a Betanzos, a través da Veiga e Irixoa. Inda hoxe se poden visita-los
restos da antiga ponte que cruzaba o Mandeo, pola Veiga. Contaba cunhas impresionantes bases en perpiaño de granito que salvaban a canle nun punto no que a anchura do río require unha importante obra
de enxeñería. Estivo en funcionamento ata a primeira metade do século XX, cando o Camiño Real ó que daba servizo caeu en desuso. Este ramal, formaba parte do Camiño Real de Vilalba a Betanzos, que
arrancando na capital da Terra Chá, abandonaba a provincia de Lugo e entraba na antiga provincia de Betanzos, a través da Serra da Loba.
- Ponte Aranga – Betanzos, a través de Muniferral. Na actualidade a estrada de Ponte Aranga a Parada, sigue o trazado
deste Camiño Real, case na súa totalidade.
- Ponte Aranga – Sobrado, a través da Castellana e Vilarraso. Este era un dos máis utilizados polas implicacións
señoriais do Mosteiro de Sobrado ca freguesía de San Paio de Aranga.
- Aranga – Guitiriz, arrancaba de Ponte Aranga, e seguía polos lugares de Congostro, O Barreiro, A Fraga, A Cima de
Aranga, O Carballal e Os Vilares.
- Ponte Aranga – Friol, a través do Pousadoiro.
- Por Fervenzas pasaba a via XX dirección a Lugo que conectaba coa via XIX a Sobrado.