Os datos aquí espostos sobre Feás foron extraídos da Revista AS CATRO ALDEAS, Nº 13. Xaneiro 2001. Fillos de Ois-Coirós.
FEÁS é parroquia mais pequena do concello de Aranga, posue un patrimonio histórico bastante importante. Un dos lugares mais interesantes da parroquia e Flores:
Entre Ois (Coiros)e Feás atopámonos con este lugar, que sirve de división administrativa entre os concellos de Coirós e Aranga. De antigo servía tamén como límite da xurisdicción da provincia de
Betanzos. Foi, polo tanto, desde sempre un enclave coñecido que serviu como demarcación dos diferentes territorios. Estas raias administrativas trouxeron tamén casos curiosos como o que sucede aquí
dende que se fixeron as vivendas, en concreto nunha delas, que os veciños, en plan de broma, din que cando os moradores ían para a cama estaban no concello de Aranga e cando se levantaban á cociña
entraban no de Coirós. Esto ten a sua gracia, pero xa postos diremos que a efectos legais en casos como este o criterio que se usa é que a casa pertence sempre ó lugar onde se atope a cociña do
fogar.
O CASTRO DE FLORES
Tanto Flores como a zona próxima ten indicios de poboamento antigo, da prehistoria, como quedou xa patente en varios traballos de investigación, como os referentes ós gravados rupestres de Santa María de Ois (Petroglifo da Fonte do Oso e cazoletas de Revoltas Longas) publicados polo Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos. Outros indicios de poboamento antigo e a posible existencia de enterramientos prehistóricos dedúcense do topónimo Labradío das Medoñas nas proximidades da igrexa de Feás. Outra testimuña deste poboamento é o castro, no que viviría unha pequena comunidade e que co paso dos séculos foi quedando abandonado e enterrado. Actualmente, e a pesar de estar bastante castigado polas construccioóns alí realizadas e a reutilización das pedras en camiños e estradas, ainda podemos situar o que sería o seu centro o croa e as tres defensas cos seus respectivos foxos (as exteriores moito mais difuminadas). Na parte N. O corte do terreo servíalle como defensa natural. A parte mellor conservada é a SSO. Na croa do castro levantouse a igrexa nun intento de cristianización de lugares de posibles cultos pagáns. É coñecido este castro polo achádego dun torques de ouro a principios deste século. O torques foi atopado en maio de 1915, era de ouro de 20 quilates na parte central e de 18 no remate. O peso total era de 334 gramos. Pola foto que ven no traballo citado vemos que correspondía ó tipo artabro e pódemolo datar entre o s. III e I a. C.. O torques usábase principalmente por homes, e indicaba o rango de cada un. En Galicia e Portugal aparecen nalgunhas esculturas de guerreiros. Polo que se refire ó torques de Flores, ten unha historia un tanto accidentada: foi atopado casualmente, e quen o atopou levouno a vender a Betanzos, cousa que fixo por 14000 reás, pero de volta para casa roubarónlle os cartos, posiblemente os mesmos que llo mercaran (Xosé R. González “ A encrucillada da torre”). O torques foi publicado por Oviedo Arce como o Torques de Ois (BRAG). Naquel momento o seu dono era Don Genaro Ares, Sarxento do Regimiento de Isabel la Católica, destacado na Coruña
A CAPELA DE FLORES.
A igrexa de San Pedro de Feás, da que é anexa Flores, perteneceu nalgún tempo ó mosteiro de Samos (José M. Andrade: El monacato benedictino y la sociedad de la Galicia Medieval (siglos X al XIII). No século XIV os coutos de Muniferral e Feás levábaos Aras Pardo, que posteriormente deixounos á súa filla Sancha Rodríguez (muller de Fernán Pérez de Andrade). A sús propiedade non era moi legal, xa que esta familia fíxose con moitas terras de mosteiros como acontecía neste caso. No 1398, o Cabildo de Santiago entrou en posesión dos coutos de Feás e Muniferral. Posteriormente o cabildo arrendounos a Juan López de Vilouzás, veciño de Betanzos. Os coutos eran moi apetecibles orixinándose por eles un longo pleito entre Pedro Fernández de Andrade (no ano 1400) e Juan López, quen nun primeiro momento non se atreveu a reivindicalas, debido ás ameazas que pesaban sobre del se o facía. Esto vémolo nunha carta que lla enviou Pedro Freire ó pai de Juan López: “…que feciese al dicho su fijo (Juan López) que se quitase desta dicha demanda, porque de otro modo faria al dicho su fijo Nuño Freire que le diese dos lansadas por el vientre…” Finalmente Juan López animouse e interpuso demanda que foi fallada ó seu favor no 1405, sentencia que foi lida ante García Laa, Alcalde da Irmandade das freguesías de Muniferral e Feás. En presencia dos seus moradores, que acataron a sentencia. (López Ferreiro: Hª de la Santa Iglesia de Santiago de Compostela). No 1607 o Cardeal Jerónimo del Hoyo fala da igrexa de San Pedro de Feás, que era de presentación do Cabildo de Santiago e fai referencia á ermida de Nosa Señora de Flores.. Actualmente o edificio está completamente abandonado, recuberto en boa parte de vexetación e sen tellado. O seu abandono xa ven de hai máis de cincuenta anos, e o tellado caeu nos anos setenta.
ELEMENTOS ARQUITECTÓNICOS.
A igrexa, de nave é ábside rectangular, tiña cuberta de madeira e tellado a dúas augas. No interior consérvase ainda o arco triunfal apuntado, sustentado por dúas semicolumnas de fuste curto, con basas e capiteis con decoración de traza románica. Un con decoración arquitectónica representa uns arcos e o outro un ser híbrido con dúas cabezas humanas e corpo que semella de animal. Este último atopámolo nun dos capiteis que conforman a arquivolta da porta principal do mosteiro de Cis. Estas semellanzas axúdannos a datar estes elementos que serían probablemente góticos, da primeira mitade do século XV. Chama tamén a atención, visto dende o interior, a porta lateral que aparece tapiada con arco de medio punto. Os elementos arquitectónicos restantes do do que ainda se conserva do edificio debéranse a reformas posteriores, como sucede coa maioría das igrexas rurais da comarca, a finais do S. XVIII ou principios do S. XIX. Por desgracia algúns elementos que conformaban o edificio foron recollidos principalmente por particulares, así aconteceu cunha cruz antefixa, unha pía de auga bendita, a campá e outras pedras que estaban na sancristía, que as levaron ó pouco tempo de caer o tellado. O interior desta ermida estaba prácticamente toda decorada con pinturas, probablemente do século XVI, como noutras igrexas desta zona como Cuiña, San Pedro de Oza, Coirós, Cis, Pontellas ou Santa María de Ois. Actualmente consérvase moi nidiamente a figura dun santo que leva por unha cadea un animal que semella unha pantera, pero a súa autenticidade é bastante dubidosa
LENDAS
Este poboamento castrexo influíu para que actualmente se conserven abundantes lendas sobre este lugar: “Había unha cova que ía ata o pozo da moura e tiña unha viga de ouro”. “O rei mouro que vivía alí sentábase na parte máis alta do castro”. “Por alí hai un túnel que vai desde a ermida ata o río, polo que levaban os cabalos a beber. Os que fixeron este túnel disque foron os mouros”. Esta mesma variante contáronnola varias veces, pero dicían que os autores do túnel foran os romanos e os celtas. “Alí había trincheiras dos mouros dos tempos das guerras”. “Na Caropa estaba a entrada duna cova na que vivía unha raiña” As lendas dise que teñen algo de realidade, e esto debérono pensar algúns vecinos nos anos trinta, que fixeron unha escavación no lugar da Caropa, nun sitio que lles parecía a entrada duna cova. A cova en efecto estaba alí, pero en lugar de tesouros e a habitación duna fermosa raiña, atopáronse unicamente con ladrillos, eso si, bastantes grandes.
Unha das testimuñas presenciais da excavación relátanos o que atoparon: “Era unha cova na que o corredor era máis largo que ancho e os ladrillos que se atoparon medían aproximadamente cincuenta centímetros de largo e eran moi grosos. Quedaron espallados (tirados) polo chan e a senté foinos levando pouco a pouco. Non recordo que houbese bóvedas nin columnas”. Podería tratarse con seguridade dun forno romano, o tamaño das posibles tégulas así no lo fan pensar. Actualmente alí non queda nin rastro