FERVENZAS
FERVENZAS

A represión franquista na comarca

 Os datos das vítimas en Aranga e Coirós, os testimonios e outras informacións son un traballo de J. Sobrino, o que lle agradecemos a sua colaboración.Neste espazo trátanse as vítimas das que se levantou acta no rexistro civil. Sabemos da existencia de vítimas que non forn recollidas no rexistro e algun testimonio indica outras que desapareceron no monte ou foron soterradas sin quedar constancia delo. Testimonios falan de que na Costa do Sal viñan a depositar cadáveres, probablemente procedían do campo de concentración de Betanzos ou de centros de detencion.

DE MOMENTO NON SE TEÑEN EN CONTA AS CONCLUSIÓNS DAS EXHUMACIÓNS RECENTEMENTE REALIZADAS EN VILARRASO E FERVENZAS. Esta información engadirase en próximas actualizacións da páxina no momento que se teñan conclusións claras.

Para mais información da represión franquista na provincia de A Coruña poden consulta-lo libro:
A CORUÑA 1936 ; MEMORIA CONVULSA DE UNA REPRESION .
De LUIS LAMELA, EDICIOS DO CASTRO 

REPRESIÓN ARANGA.
REXISTRO CIVIL DE ARANGA. TOMO-31.F-105, N° 206.

MANUELA RIVERA VILA.
Natural da parroquia de Aranga, 63 anos, seus labores. Filla de Antonio Rivera Barral e de Amalia Vila Rodríguez. Casada con Ramón Martínez (sen segundo apelido) deste matrimonio deixa por fillos a Manuel, José, Jesús e Faustino Martínez Rivera.Morre 04.08.36, a consecuencia de disparo de arma de fogo no seu domicilio. (Según Acta Defunción).
Soterrada no camposanto de Cambás.

F-106, N° 209.JULIO MACEIRAS FERNÁNDEZ .
Natural da parroquia de Aranga, 30 anos, solteiro. Fillo de José Maceiras Espantoso e de Josefa Fernández. Domiciliado na cidade de A Coruña. Garda de Asalto.Faleceu o 10.08.36 en Ribadeo-Lugo, a consecuencia de feridas producidas por arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Aranga.

F-110, N° 217.FERNANDO ARIAS RODRÍGUEZ.
Domiciliado en Rábade-Lugo, 53 anos, propietario. Fillo de D. José Arias e de Trinidad Rodríguez. Casado con Celia Parga da cal deixa por fillos a D. Fernando e D. Elias Arias Parga.Apareceu o seu corpo no monte da Reborica o 03.09.36. (PASEADO ) . Causa: Disparo de arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Aranga.

F-111, N° 218. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 1. Home. Idade aprox. 40 años. Lugar: Reborica as 6 horas do 13.09.36. Causa: Disparo por arma de fogo.
Soterrado en Aranga.

F-111, N° 219. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 2. Home. Idade aprox. 50 anos. Lugar: Estrada de Teixeiro, as 5 horas do 19.09.36. Causa: Disparo por arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Aranga.

F-112, N° 220. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 3. Home. Idade aprox. 40 anos. Lugar: Reborica. ( 21.09.36 ). Causa: Disparo por arma de fogo.
Soterrado en Aranga.

F-113, N° 222. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 4. Home. Idade aprox. 35 anos. Lugar: Estrada de Castilla, a primeiras horas da mañá do 23.09.36. Causa. Disparo por arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
Nota marxen dereito do mesmo folio:
Identificado como FLORENTINO RODRIGUEZ PALACIOS , de 40 anos, industrial, natural e veciño de Caborana, Concello de Cabaña Quinta (Asturias) domiciliado accidentalmente en Santa Cruz de Mondoi (Oza dos Ríos) fillo de José Rodríguez e Ramona Palacios, casado con María López Lendoiro. Non ten fillos.
Así resulta da carta orden do SR. Xuíz Instructor deste Partido dimanante do SUMARIO 113 de 1936 sobre hachazgo de dous corpos en Velouriz o 23 de setembro do 1936, e en virtude da cal se practica esta nota.
Aranga, 18 de Nadal do 1940.

Foi alcalde socialista de Aller de 1932 a 1936.

Consello de guerra contra o ex alcalde de Aller.(La Vanguardia 18/01/1936)

No cuartel de Pelayo, celebrouse un consello de guerra contra o ex alcalde de Aller, socialista, Florentino Rodríguez Palacios. Varias persoas acusan o procesado de haber sido xefe revolucionario de toda a zona de Aller. O procesado declara que é socialista desde fai vinteoito anos, pero socialista moderado, e, por tanto, enemigo de toda violencia. Agrega que, como alcalde nombrou a unha xunta de orden para evitar desmans da revolución. Por outra parte; agrega que no tivo participación algunha no movemento. Declara o comandante Castelló, xefe dos servicios de desarme. Di que celebrou unha entrevista co señor González Peña para que éste lle dera alguns nomes de persoas que tiveran autoridade sobre os obreiros a fin de que colaboraran na labor de desarme. Así deulle catro ou cinco nomes de persoas que según él,  non interviran no movemento, entre ellas Florentino  Rodríguez Palacios, que se encontraba entonces en Portugal. O comandante Castelló engade que por medio de promesas feitas  a familia de Florentino, consigueu que éste viñera de Portugal, e que una vez aquí, foi a persoa, de esquerdas e de dereitas, que mellor labor fixo en pro do desarme. O capitán Alonso declara en parecidos términos a como o fixo o comandante Castelló. O secretario e o presidente de Acción Popular de Aller, declaran que a actuación de Florentino no movemento foi apaciguadora evitando que os revolucionarios cometeran desmans. O fiscal solicitaba para o procesado a pena de reclusión perpetua e o defensor señor Moreno Mateo a absolución. O Tribunal retirouse a deliberar e despois de hora e media dictou sentenza condeando a Florentino Rodríguez Palacios a  pena de doce anos e un día, pero como alguns vocales consideraron excesiva a pena, formularonse votos particulares para que lle sexa rebaixada a un ano

F-114, N° 224. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 6. Home. Corenta e tantos anos. Lugar: Monte de Santiso a primeiras horas da mañá do 24.09.36. Causa: Disparo por arma de fogo. Soterrado en Vilarraso.

F-113, N° 223. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 5. Home. Idade aprox. 28 anos.Lugar. Estrada de Castela, a primeiras horas da mañá do 23.09.36. Causa: Disparo por arma de fogo. Soterrado no camposanto de Vilarraso.

F-114, N° 225. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 7. Home. Idade 25 ou 30 anos. Lugar: Ponte Castellana, as cinco e media horas do 26.09.36. Causa: Disparos por arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.

F-115, N° 226. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 8. Home. Idade aprox. 25 anos.
OS MESMOS DATOS QUE O ANTERIOR.

F-115, N° 227. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 9. Home. Idade aprox. 25anos. Lugar. Ponte da Castellana. 26.09.36 Causa. Disparo por arma de fogo.
Soterrado en Vilarraso.
Nun dos bolsillos da sua roupa apareceu unha nota de cédula persoal do Concello de Becerreá (Lugo) a nome de DANIEL FERNÁNDEZ LÓPEZ de 27 anos, casado e labrador.

F-117, N° 230.CAMILO FERNÁNDEZ RODRIGUEZ .
Natural de O Saviñao-Lugo. De profesión Recaudador, 38 anos. Fillo de Manuel Fernández López e de Balbina Rodríguez. Casado con Soledad López Fernández deste matrimonio deixa un fillo de 7 anos chamado Manuel.
Apareceu o corpo o 28.09.36, na Reborica (inmediacions da estrada de Madrid a Coruña Km 558). PASEADO .Causa feridas por disparo de arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Aranga.

F-117, N° 231. DESCOÑECIDO
Cadáver n° 10. Home. Idade aprox. 35 anos. Lugar: Monte de Orosa, pode levar morto sobre tres semans. Acta Defunción, 12.10.36. Causa: Feridas por arma de fogo.
Soterrado en Vilarraso.
Vestía traxe azul, zapatos vellos de cor, calzoncillo corto, camisa branca, calcetins encarnados; con tres dentes de ouro, maxilar superior. O finado era de mediana estatura e boa complexión.

F-118, N° 233. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 11. Home. Idade aprox. 35 anos. Lugar: Ponte Castellana. Descoñecese o día do falecemento. Acta Defunción 20.10.36. Causa: Disparos por arma de fogo.
Soterrado cemiterio de Vilarraso.
Viste traxe marrón de lá, gabardina clara usada, zapato negro, calcetíns verdes, ligas marrón, camiseta cor palla, calzoncillo corto branco. Apareceu no pozo da ponte Castellana. Vestía de luto e na chaqueta unha etiqueta que di “GAMALLO. CORUÑA”.
Dilixencia de anulación na sala de Audiencia do Xulgado de Aranga a 17.10.36. O Sr. Xuíz D. Angel Pérez Rivera co …. que autoriza proceden a consignar que en virtude de carta orden do Sr. Xuíz Superior dimanante do SUMARIO 114/36 sobre homicidio procedese a anular acta do centro, a cal INSCRIBESE NOVAMENTE O FOLIO 118 DESTE LIBRO, cos datos contidos en dita orden.
Coletilla marxen dereito do mesmo folio:
F-118,N° 232. O DESCOÑECIDO (inscrito no folio 114) CHAMASE CESÁREO MÉNDEZ VÁZQUEZ de 34 anos de idade, mariñeiro, solteiro e domiciliado na rua de la Falperra n° 20 piso baixo. Fillo de Genaro Méndez e de María Vázquez Villaver. O cadáver rexistrase o 17.10.36.
Ampliación ficha con datos de LAMELA (A Coruña, 1936) Memoria convulsa de una represión. Pág. 146).
Socio de Germinal e afiliado o Sindicato de Peons . Fora acollido polo pintor Francisco Miguel na sua casa de Santa Cruz xunto con outros fuxidos: Manuel García, Bartolo Díaz, Luis Rodríguez, Antonio Gómez, Julio Pita, Manuel Hernández, un tal Horacio e un tal Carlos Miguel. Cesáreo foi visto por última vez por SYRA ALONSO no cuartel da garda civil coruñesa dous días antes da sua morte.

F-119, N° 234. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 12. Home. Idade aprox. 27 anos. Lugar: No pozo da ponte Castellana, ignorase a data da sua morte. Acta defunción 20.10.36. Causa: Disparos por arma de fogo.
Soterrado no cemiterio de Vilarraso.
Viste traxe negro, zapatos de cor, calcetín negro, camisa cor garbanzo, corbata negra, xersei azul e branco e ten unha mancha natural na mandíbula esquerda.O falecido vestía de luto e na chaqueta tiña unha inscripción (¿etiqueta?) así: “JOSÉ LLANES y Hnos. Coruña.


F-119, N° 235. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 13. Home. Idade aprox. 22 anos. Lugar: Reborica, descoñecese a data da morte. Acta Defunción 24.10.36. Causa: Disparo de arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Aranga.
Viste pantalón a listas, calzoncillo branco corto, medias verdes, zapatillas azuis de abrigo, camiseta e camisa brancas, chaqueta e chaleco azul con raias. Na chaqueta presentaba unha inscripción (etiqueta) que decía “LÓPEZ. LUGO. J. MARCO”.
Coletilla no mesmo folio:
Comparecencia. Na sa de Audiencia do Xulgado Municipal de Aranga a 20.02.37 . Ante o Sr. Xuiz Municipal de Aranga D. Angel Pérez e o Secretario D. Aurelio Tizón comparece D. Juan Marey Berdial de 66 anos, casado, xubilado, que habita en San Roque n° 38 Lugo, con cédula persoal corrente clase 12° n° 5190 de Lugo, e dixo: que identifica e recoñece no cadáver da persoa a quen se refire a partida do centro, como a do seu fillo JUAN MAREY DÍAZ , de 22 anos, solteiro, estudiante, natural da Cidade de Lugo, domiciliado na mesma rua San Roque n° 38, 1° que era fillo lexítimo do declarante e da sua dona Doña Concepción Díaz Fernández de profesión os seus labores domiciliada na do seu home. E para que conste etc.


F-120, N° 236. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 14. Home. Idade aprox. 42 anos.Lugar: Ponte Castellana; ignorase a data da sua morte. Acta Defunción 24.10.36.Causa: Disparos por arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
Viste chaqueta negra raiada, pantalón azul, media gris, zapato branco de goma e nun bolsillo duas fotos que coinciden co falecido e documentos a nome de DOMINGO ANTONIO VALCÁRCEL GUTIÁN. O documento que portaba era militar o mesmo nome, de Bóveda-Lugo.

F-120 N° 237. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 15. Home. Idade aprox. 35 anos. Lugar: Velouriz. Descoñecese a data do seu falecemento. Acta Defunción 31.10.36. Causa: Disparos de arma de fogo.Soterrado no camposanto de Aranga.E de regular estatura, forte, moreno, gabardina gris, camisa listada, camiseta branca, xersei gris, garabata azul oscura.
O corpo aparece na Carretera de Castilla a altura da alcantarilla. Na chaqueta tiña una etiqueta que di: “Sastrería N Americana”.


F-121, N° 239. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 16. Home. De uns 35 anos aprox. Lugar: Ponte da Castellana. Falece o 04.11.36. Causa: Disparos de arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
Vestía camisa algo oscura, calzoncillo corto branco, calcetíns negros, mono azul, abrigo gris oscuro, tiña pelo negro, sen afeitar. Na camiseta tiña as iniciais P.G.


F- 122, N° 240. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 17. Home. Idade aprox. 35 anos. Lugar: Ponte Castellana, 04.11.36. Causa: Disparos arma de fogo.Sepultado en el cemiterio de Vilarraso.Regular estatura e boa complexión. Ten pelo largo oscuro, sen afeitar, camiseta branca, calzoncillo corto, mono caqui, zapatillas de reglamento do Exercito.


F-122, N° 241. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 18. Home. Idade aprox. 26 anos. Lugar: Ponte da Castellana, 04.11.36. Causa: Disparos arma de fogo.
Sepultado no camposanto de Vilarraso.
Regular estatura e débil constitución anatómica, camiseta e calzoncillo branco corto, camisa blanca raiada e garabata cor, chaleco de punto castaño claro, traxe, zapatos e calcetíns marrón oscuro.


F-123, N° 242. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 19. Home de aprox. 26 anos. Lugar: Ponte Castellana. 04.11.36.Causa: Disparos arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso. Viste camiseta e camisa brancas esta con raias azuis, xersei azul con pintas brancas, calzón branco corto, chaqueta gris oscuro con raias, pantalón marrón a cadros, calcetíns marróns finos, zapatos brancos e negros. Regular estatura e débil constitución anatómica.

F-124, N° 245. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 20. Home de aprox. 35 anos. Lugar: Ponte Castellana. Morto fará uns 15 días. Acta Defunción 19.11.36. Causa: Disparos arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
Pelo negro, regular estatura e boa constitución. Nos bolsillos varios, documentos a nome de Manuel Lafuente Lillas, fogoneiro, natural de Cambre.
Coletilla no mesmo folio:
Dilixencia. Aranga as doce horas do día 14 de Xaneiro de 1937 . Constituese o Xuíz e … autorizantes para facer constar que según orden do Sr. Xuíz Superior, data 30 de Novembro último el cadáver a quen se refire a acta do centro, pertence a MANUEL LAFUENTE LILLAS de 42 anos, maquinista de vapores de pesca, natural de Cambre, veciño de A Coruña, rua da Gaiteira fillo de Manuel Lafuente Naya e Carmen Lillas, casado con Herminda Candamio Rodriguez, quedan dous fillos menores de idade.


F-125, N° 246. DESCOÑECIDA.
Cadáver n° 21. Muller. Idade aprox. 30 anos.Lugar: No Pozo da Ponte Castellana, ignorase a data da sua morte. Acta Defunción 19.11.36. Causa: Disparos por arma de fogo.
Soterrada no camposanto de Vilarraso.
Vestía bata negra con 3 botons negros de 4 esquinas por diante, medias negras, pantalón branco, dentadura de arriba postiza.
Coletilla marxen dereito do mesmo folio:
Dilixencia. Na Sala da Audiencia do Xulgado de Aranga as dez horas do día 12 de Febreiro de 1937. O Sr.. Xuiz Municipal deste término D. Angel Pérez e Secretario que autoriza, comparecen e consignan que en virtude da carta-orden do Sr. Xuíz Superior, data 10 do actual dimanante de SUMARIO 139/36, practica esta anotación para facer constar que o corpo a que se refiere a partida pertence a persoa de MERCEDES ROMERO ABELLA , de 29 anos, (mestra da escola de Monelos), filla de Manuel e Dolores, natural de Cee, domiciliada na plazuela de Santo Domingo 5, Coruña, viuva de FRANCISCO MAZARIEGOS MARTÍNEZ (fusilado o 31.08.36, tiña 32 anos e era dirixente da UXT coruñesa, presidente do Sindicato de Banca) quedándolle o matrimonio dous fillos; María Luisa e Enrique de 4 e 3 anos.
Mercedes Romero, cando estaba próxima a fuxir o extranxeiro e exiliarse despois de ser fusilado o seu home, sería detida polos falanxistas e axentes da orde (dise que procedentes de Corcubión).
Na CAUSA 139/36 acusana de ter acompañado supostamente o seu home a Ponte do Porto (Camariñas) co obxetivo de visita-los sindicalistas daquela localidade, na que entregaron catro revólveres; a su morte pode ter que ver ademáis con unha denuncia dun falanxista (Julián García Nieto) sobre unha carta.
ESTAMPAS DE INJUSTICIA. Luis Lamela García.
“Merceditas Romero Abella (dona de Paco Mazariegos UXT). Unha madrugada foron a sua casa e levarona a Cabañas, o lugar onde fora mestra. Na beira da estrada que vai a Pontedeume, forzarona, despois cortaronlle os peitos e o final matarona”.
A Nosa Terra, nº 1127. Del 6 al 12 de mayo/04.


F-127, N° 251. DESCOÑECIDO.
Corpo n° 22. Home de aprox. 35 anos.Lugar: Pozo Ponte Castellana, levará morto de 20 a 30 días. Acta Defunción 07.12.36. Causa: Disparos de arma de fogo.
Enterrado no camposanto de Vilarraso.
Vestía camiseta branca, xersei de cor, pantalón negro, calzoncillo branco corto, zapatillas de goma azules, calcetins negros, chaqueta oscura cruzada. Pelo negro, regular estatura e boa constitución.


F-128, N° 252. DESCOÑECIDO .
Cadáver n° 23. Home. Idade aprox. 30 anos. Lugar: Pozo Ponte Castellana, fará 20 ou 30 días. Acta Defunción 07.12.36. Causa: Disparos de arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
Viste mono azul, camisa raiada, calcetins negros, zapatos negros e calzoncillo corto branco. Pelo negro, regular estatura.


F-128, N° 253. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 24. Home. Idade aprox. 28 anos. Lugar: Pozo Ponte Castellana, fará 30 ou 40 días. Acta Defunción 07.12.36. Causa: Disparos por arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
Regular estatura e boa constitución física. Vestía chaqueta, pantalón, xersei e chaleco azul, zapato baixo cor, calzoncillo corto branco, calcetíns castaños, cinto de coiro.


F-145, N° 287. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 25. Home. Idade aprox. 30 anos. Lugar: Pozo Ponte Castellana. Acta Defunción 07.04.37. Causa: Disparos arma de fogo.
Enterrado no camposanto de Vilarraso.
Vestía camisa amarilla, camiseta gris, xersei chocolate, pantalón dril (tela) raiado, calzoncillo de punto, pelo negro e afeitado. Non tiña señas persoais.


F-146, N° 288. DESCOÑECIDO .
Cadáver n° 26. Home. Idade aprox. 35 anos. Lugar: Pozo Ponte Castellana. Acta Defunción 07.04.37. Causa: Disparos por arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
Vestía camisa branca, camiseta oscura raiada, xersei con colo cor marrón, chaqueta castaño, un pantalón azul e outro negro raiado, calzoncillo branco corto. O suxeito estaba afeitado, con cabelo castaño.


F-152, N° 300. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 27. Home, ignorase sua idade. Lugar: Río Mandeo-Vilarraso, fará que faleceu uns tres meses. Acta Defunción 29.05.37. Causa: Disparos de arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
Non puido ser identificado o estar o corpo desprovisto de roupas.


F-152, N° 301. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 28. Home. Descoñecese a sua idade. Lugar. Río Mandeo-Vilarraso; fará catro meses que faleceu. Acta Defunción 29.05.37. Causa: Disparos de arma de fogo.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
O cadáver atopuse espido e polo seu estado non puido ser identificado.


F-153, N° 302. DESCOÑECIDO..
Cadáver n° 29. Home. Idade aprox. 32 anos. Faleceu en Vilarraso fará uns tres meses por disparos de arma de fogo. Acta Defunción 29-05-37.
Soterrado no camposanto de Vilarraso.
Comparecencia por escrito do Alcalde de Barrio de Vilarraso denunciando a aparición do corpo no Río Mandeo.
O finado só tiña por roupas os restos dunha camiseta e un mono azul.

F -153, N° 303. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 30. Home. Idade aprox. 22 anos. Apareceu o seu corpor no río Mandeo. Fará mes e medio que faleceu a consecuencia de disparos con arma de fogo. Acta de Defunción 29.05.37.
Enterrado no camposanto de Vilarraso.
Carta do Alcalde de barrio comunicando a aparición do corpo.
Viste restos de xesei gris, calzoncillo branco corto, camiseta branca.


F-154, N° 304. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 31. Home. De 30 a 40 anos
Fará mes e medio da sua morte a consecuencia dos disparos orixinados por arma de fogo. Acta de Defunción 29.05.37. El corpo aparece no río Mandeo.
E enterrado no camposanto de Vilaraso.
Viste mono negro, e de regular estatura, groso e sen outras señas.


F-173, N° 342.JUAN PÉREZ REY .
Natural de Santa María de Casar (¿Cacabelos?). Fillo de Maximino Pérez e de Serafina Rey. Domiciliado en Oleiros, 40 anos, zapateiro. Casado con Elvira Temprano.
Paseado na Ponte de la Castellana o 28.12.37 (Rexistrase o corpo o 05.01.38.)Causa. Disparos por arma de fogo.
Enterrado no camposanto de Vilarraso.


F-174, N° 345. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 32. Home. Idade aprox. 40 anos. Morto fará 15 días a consecuencia de disparos con arma de fogo. Acta de Defunción 22.01.38.
Enterrado no camposantode Vilarraso.
Estaba afeitado, algo calvo, regular estatura e corpulencia tendo como roupas, os restos dunha camisa de percal e calzoncillo de punto, calcetíns negros e zapatos. Carecía de roupas exteriores, documentos nín obxetos que o identifiquen.
Coletilla de identificación no mesmo folio.
En Aranga as dez horas do día 14 de xaneiro de 1938. Comparecen o Sr. Xuíz municipal e secretario que autoriza para facer constar, que según consta de carta-orden data 8 último da Superioridade dimanante do SUMARIO n° 10/38 , o corpo a quen se refire a partida do centro era o de BENITO DÍAZ PEREZ de 51 anos do comercio, fillo de Francisco e Josefa, natural de A Coruña domiciliado na mesma, San Roque, 20-2°, de estado casado con Honorina Vázquez Mosquera de 48 anos, deste matrimonio quedan 6 fillos chamados: Florencio, Rocio, Benito, Josefina, Carlos e Honorio. Todos menores de 24 anos, descoñecese se otorgou testamento.


15.04.38.FRANCISCO ACEBEDO PARENTE.
De orixe portugués, 33 anos, aserrador, veciño de Monfero.
“ PASEADO ” , apareceu o seu corpo no río Mandeo.
Según pon na Acta de Defunción, faleceu a causa de unha “PERITONITIS TRAUMÁTICA”.
Enterrado no camposantode Vilarraso.


F-179, N° 354. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 33. Home. De 30 a 40 anos de edad. Aparece o corpo no río Mandeo descoñecendose o día do seu falecemento. Acta Defunción
05-05-38. Causa. Disparos por arma de fogo.
Enterrado no camposantode Vilarraso.
Tiña o cabelo negro, boa constitución e sen outras señas especiais, vestindo tamén camiseta e calzoncillo gris, camisa listada, cazadora gris e gabardina da mesma cor.


F-192, N° 380.JOSÉ VÁZQUEZ VÁZQUEZ.
De 68 anos de idade. Falece el 22.08.38.
Fractura dos hosos do cráneo. Foi atopado o seu cadáver no camiño público de Aranga-Feás. Veciño de Aranga, labrego, casado con Gregoria Souto Seoane.


F-62, N° 62.JOSÉ MARCOTE BARRAL.
Natural de Fervenzas, domiciliado no lugar de Boqueixon, labrego, solteiro. Fillo de Manuel Marcote e de Lucia Barral Novo.
Faleceu no lugar de PONTE DOS PAZOS o día 24.10.43, a consecuencia de HEMORRAXIA TRAUMÁTICA POR DISPARO DE ARMA DE FOGO. Enterrado no camposanto de Fervenzas. ( morte accidental nunha cacería¿?)

F-17, N° 17. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 1. Home. Idade aprox. 40 a 45 anos, estatura mais ben alta, ben constituido, pel morena, pelo negro, lixeiramente calvo e con entradas algo pronunciadas, cara ben parecida, robusta e moi musculosa. Viste chaqueta de pana oscura con forro e pantalón de pana, en bon estado, xersei ou sueter cor verde oscuro, camiseta kaki e calcetins de la cor azuis.Faleceu en Fervenzas o 29.06.46. Causa. “SIDERACIÓN DE CENTROS NERVIOSOS SUPERIORES”.
Enterrado no camposanto de Fervenzas.


F-18, N° 18. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 2. Home de uns 40 anos. Complexión robusta, con bigote e pelo negro, cor da pel morena bastante marcado, cara redonda aparecendo desde o maxilar inferior. Viste guerrera e pantalón kaki, xersei ou sueter gris, camisa kaki, camiseta branca e calzoncillo branco e calcetíns brancos.Faleceu en Fervenzas o 29.06.46.Causa. “HEMORRAXIA INTERNA”.
Enterrado no camposanto de Fervenzas.


F-19, N° 19. DESCOÑECIDO.
Cadáver n° 3. Home de uns 40 anos, complexión robusta, pelo negro, cara alargada cara abaixo, mais ben delgada, viste chaqueta ou ¿guerreira? Kaki, pantalón e camisa kaki, cazadora ou xersei con cremalleira cor marrón oscuro, camiseta branca e calzoncillos brancos, calcetíns azuis.
Faleceu en Fervenzas o 29.06.46.Causa. “HEMORRAXIA INTERNA”.
Enterrado no camposanto de Fervenzas.
No F-77, N° 77 con data de 06.08.46 faise a identificación dun dos tres corpos de DESCOÑECIDOS rexistrados o 29.06.46.
JOSÉ DOLDAN DON , nacido o 18 de agosto de 1912 na parroquia de San Pedro de Nos, Concello de Oleiros, fillo de Manuel Doldan (¿?) e Carmen Don Míguez, de profesión mecánico, de estado casado con Francisca Casal Sánchez, deixando deste matrimonio unha filla chamada Francisca Doldan Casal.
O Destacamento “SANTIAGO ALVAREZ” constituido por MANUEL RODRIGUEZ FERNÁNDEZ “MARROFER”, LISARDO FREIJO “TENIENTE FREIJO” e JOSÉ DOLDAN DON parte el 26 de xuñp de 1946 cara a zona de Lugo pero en MIRLEO-Fervenzas (ARANGA) caen todos abatidos polo fogo da garda civil, salvase FOUCELLAS e supostamente algun mais
(…26 de xuño de 1946, cando Avelino e Marrofer son cercados pola
Garda Civil, xunto con outros oito guerrilleiros pertencentes a diferentes destacamentos da IV Agrupación. Un deles era o seu curmán Paco Cousillas Pombo, de pais cormeláns que marcharon vivir á Coruña pouco antes de nacer Paco. O cerco foi en Milreo, un lugar da parroquia de Fervenzas, no Concello de Aranga. Lugar do gusto dos guerrilleiros, por estar ao pé de monte arborado, por onde era fácil escapar se había algún problema. Foi quizais grazas a esto que Avelino, Paco e outros cinco guerrilleiros consiguiron evadir o cerco. Marrofer, o Tenente Freijo e José Doldán tiveron menos sorte, e morreron tiroteados pola Garda Civil…)
Nota extraída de:

TRABALLO REALIZADO POR FERNANDO VIDAL COLLAZO PARA A A.VV. EDUARDO PONDAL DE CORME.
Publicado nesta web o día 22 de xaneiro de 2007
Fernando Vidal é cormelán e socio da A.VV. Eduardo Pondal
contacta: fernandocorme@edu.xunta.es
O armamento do grupo consistía en 2 rifles, 2 fusiles, varias pistolas e algunhas granadas de man.

 

F-78, N° 78.ANGEL PATO FIDALGO.
Nado en Fervenzas e domiciliado en Milreo (lugar da mesma parroquia), 48 anos. Casado con Carmen Calvo deste matrimonio deixa unha filla. Morre o 13.08.47. as 17 horas.Causa. Intensa hemorraxia cerebral. En realidade a sua morte producese polos disparos efectuados por un grupo de guerrilleros.
Foi enterrado no camposanto de Fervenzas.
Parece ser que se nega a dar hospedaxe a uns guerrilleiros. O seu sobriño político José Da Silva é o que da o “chivatazo”.

 

F-166, N° 166.SENÉN GARRIDO FERNÁNDEZ. (29 anos).
Faleceu o amencer do día 24 de xuño de 1949 , no Kilómetro 35 da estrada de Villar a Curtis.Causa. Disparos por arma de fogo.
Sepultado no camposanto de Vilarraso
“Enlace dos guerrilleros en Toriz-Monforte de Lemos (Lugo). E o que introduce sin sabelo o infiltrado “Comandante FÉLIX” que acabará coas vidas en Remesar-Bóveda (Lugo) o 22.06.49 dos guerrilleros Manuel Fernández Soto “CORONEL BENITO”, Elias López Armesto e outro coñecido como EMILIO”.
“A SENÉN asasinarono na Provincia de A Coruña”.
A GUERRILLA ANTIFRANQUISTA EN GALICIA. 1982. Pág. 235/6. HEINE.

 

TESTIMONIOS

            “Mataron en la Castellana a la profesora que era asturiana y viuda, a su marido ya lo habían asesinado”.

                                                                                              Teixeiro-Curtis. 10.09.02.

            “Por los antiguos puentes de la zona de Monte Salgueiro se fusilaba a destajo, las aguas bajaban rojas por motivos obvios.

            Lo contó una señora que iba a coser a las casas, y cuando oía ruido se escondía, porque ya sabía lo que estaba pasando”.

                                                                                              Tía de Ángeles. 08.09.96.

“Fue el que más se significó en la lucha agraria allá por los años 1920/36, el que azuzó a la gente en contra del cura para que cediera unos terrenos de la iglesia al pueblo, él también consiguió que en la romería de San Vitorio los gaiteiros asistentes a la misma rodearan al párroco sin dejar de tocar para presionarlo con respecto a la cesión de las tierras mencionadas, él capitaneó a los que persiguieron y asediaron al cura en su propia casa hasta el punto de que los disparos sonaron tanto por parte de los atacantes como por parte del asediado. Y al final llegó lo que todos temían, la revuelta militar y la represión. Y ÉL fue el primero en destacarse represaliando y dando vivas al nuevo orden. Llegó a ser un HÉROE de retaguardia. HASTA EL CAN DE PALLEIRO TENÍA MÁS DIGNIDAD QUE ÉL”

 Padre de Ángeles. 1996.

            “Una vez el coche de línea que hacía el servicio entre Aranga y Coruña, al llegar a la Cuesta de la Sal, tuvo que detenerse porque había varios cadáveres atravesados en la carretera. Los viajeros aterrorizados vieron que uno de aquellos cuerpos aún daba señales de vida, más era tanto el miedo que se le tenía a la Falange que nadie se atrevió a socorrer al moribundo”.

            O que fixeron en Galicia 1936. Edición de Carlos Pereira Martínez.

            O Fardel da Memoria. Comercial Gráfica NOS. Reedición de 1998.        

            “A CELESTINO LLANOS COTROFE (del PSOE de Ferrol con el que fuera alcalde Quintanilla) lo salvaron en Aranga, estaba herido después de un paseo y unos paisanos lo cuidaron en su casa hasta que se repuso y pudo escaparse”.

 Padre de Ángeles. 2000

 

 Artigo publicado na Xanela nº24, outono 2007

Unha vítima betanceira esquecida: Antonio López “O Vergueiro”

Artigo de Xesús Torres Regueiro

No pasado ano, oficialmente Ano da Memoria celebraronse en todo o país centos de actos reivindicando a memoria das vítimas da represión provocada polo golpe militar de xullo de 1936. Tamén en Betanzos, da man da A.C. Eira Vella realizamos actos de homenaxe ás vítimas e de pedagoxía para intentar dar luz sobre aqueles feitos aínda non borrados da memoria dos familiares das vítimas e das testemuñas da época que aínda sobreviven. Deles falouse nos números 22 e 23 de A Xanela. A memoria das vítimas betanceiras baseábase na información recollida no folleto titulado Betanzos honra a sus mártires (publicado en Buenos Aires por persoas próximas ao Centro Betanzos no ano 1958) e na praca de homenaxe que esa institución colocara no seu local recollendo os nomes das 33 vítimas citadas no folleto. Nós mesmos actualizabamos e poñíamos ao día os datos nun cadro publicado no nº 22 d’A Xanela. Mais velaí que aqueles recontos de urxencia, por razóns que se nos escapan (quizá algún erro na transcrición do texto que servíu de fonte), non recolleron a unha das vítimas daquel tempo nefando: Referímonos a Antonio López, coñecido polo “Vergeiro”, alcume familiar derivado da dedicación do seu avó a ese oficio artesanal consistente en elaborar con vergas cestos e paxes. Este esquecemento involuntario do anónimo recopilador dos “mártires” betanceiros (parece ser que foi o socialista Ramón Beade, alcalde e deputado a Cortes) mantívose nas sucesivas relacións ou alusións ás vítimas. Antonio López, humilde traballador e militante da CNT sen relevancia, só existía como vítima para os seus familiares e para algúns que o coñeceran e se lembraban del. E é que ninguén coñecía a totalidade das vítimas. Das testemuñas da época por nós consultadas unhas sabían dunhas e outras doutras. Falando con familiares de Antonio Maceiras e José Edreira, dous mozos asasinados xuntos, aqueles insistían en falar de tres vítimas asasinadas xuntas. Non nos saían as contas. E, efectivamente, había outro terceiro compañeiro de martirio que elevaba a 34 o total das vítimas betanceiras. Un nome que non figuraba no folleto nin na praca bonaerense, como tampouco figura na copia da praca que Eira Vella instalou o pasado 14 de abril na entrada ao Museo das Mariñas. Tanto os irmáns de Maceiras (Maruja e Paco) como a de José Edreira (Estrella) aseguraron que “levaran aos tres” e que os asasinaron nun lugar indeterminado pouco antes de Guitiriz. O folleto citado di, referíndose só a Maceiras e a Edreira que foron paseados o 13 de agosto de 1936 no monte da Reborica de Aranga, inmediacións da estrada da Coruña a Madrid, onde caeron asasinados, permanecendo insepultos ate que os cans e aves de presa remataron os seus restos. A irmá de Edreira di, sen embargo, que o corpo do seu irmán foi atopado “enteiriño” polo pai logo de longas búsquedas pola zona e que foi enterrado. Os Maceiras, en cambio, descoñecen onde está soterrado o irmán.

 

Localizamos á súa irmá Carmen “a Vergeira” na Residencia de anciáns García Irmáns quen confirmou os feitos. Antonio, de 27 anos, traballaba na tonelería dos irmáns Lagoa, na Ponte Nova, a pouca distancia da casa onde vivía, na Ribeira nº 47, coa súa nai, irmá e avó. Parece, segundo outras testemuñas, que López (ao igual que Maceiras, Edreira e outros), foi dos que fixeron intento de frear ás tropas militares na Ponte Nova mal armado cunha vella escopeta. Esa sería a causa de seren detidos e, posteriormente, sacados do cuartel polos “paseadores” e asasinados.

Carmen, entón solteira, estaba recén parida do seu fillo maior cando ocorriron os feitos, a súa nai (tamén solteira) tiña que atendela e o outro membro da familia, o avó, xa era maior. A situación familiar non era a máis idónea para porse a buscar a un “paseado” non se sabía onde. Seica a nai de Antonio López, cando xa era ben velliña, queixábase:

Vou morrer e aínda non sei onde está enterrado o meu fillo”.

Tampouco o sabe a súa irmá. Por sorte, demos este verán cunha viciña de 85 anos do lugar da Ermida, na Reborica, que lembra perfectamente os feitos acaecidos cando ela tiña arredor dos quince anos.

Aquí viñeron matar a moitos. Acordo un vello moi guapo que apareceu aquí ao pé do camiño. Tiña zocos e calcetíns brancos. Déranlle un tiro por detrás, así aquí, pero a cara tíñaa perfeta. Deume moita pena”.

 

Faleille dos tres de Betanzos e lembrábase deles:

Eran rapaces novos. Eu a eses xa non os fun ver. Apareceron alí no Pozo da Lagoa. Xa levaban tempo. Ao redor da Lagoa había unhas toxeiras e foi a cousa de que tardaran en dar con eles. Hai que apartar na xeneral á dereita e despois dunha casa que hai soa queda á man esquerda. Nós tiñamos unha tenza alí ao lado. Enterraronos en Aranga, que é a parroquial. Un deles, meu pobre, tiña a cara desfeita polos golpes do fusil. Segundo oídas dos veciños e dos meus irmáns que eu non quixen ir velos. Aos que aparecían nas cunetas ou nos camiños levábanos a enterrar a Aranga nunha camioneta. Un irmán meu unha vez negouse a acompañar a un paseado ate o cementerio porque estaba sen comer e un falanxista, o Rey da Orosa, púxolle a pistola no peito e díxolle: Ou vas vivo ou vas morto! E foi, claro. Tivo que ir. Este era un Rey da Inclusa. Fixo moitas. Era moi mal bicho. Hoxe pódese dicir porque xa morreron todos. Viña á nosa casa a comer con outros que traía e ao mellor queixábase da comida. Levábache cuxos requisados e así… Os que aparecían no pozo da Castellana, no río, e por alí, enterrabanos en Vilarraso, que é a parroquia que lle corresponde. (conversa mantida o 4 de agosto de 2007) Sen embargo, no Rexistro Civil de Aranga non se levantou acta de defunción de ningún dos tres e dos moitos que figuran rexistrados como “Desconocido” non coinciden os datos de idade e de data aproximada da morte. Sentimos a curiosidade de coñecer o lugar exacto do “paseo” dos tres mozos betanceiros e achegamonos alí. A actual moradora desa casa próxima ao Pozo da Lagoa díxonos que ese entorno cambeou completamente coas obras da autovía e os enlaces. Viña estando xusto no límite provincial perto de onde se colle o ramal para Teixeiro e Santiago. Nun recente traballo no Anuario Brigantino 2006 nº 29 sobre as vítimas da represión, rescatamos a memoria de Antonio López “o Vergeiro” mais a súa fotografía chegounos tarde para incorporala, cousa que agora facemos. Serva, pois esta pequena lembranza de homenaxe e desagravio a esta humilde vítima, esquecida dos honores póstumos de recontos e pracas lembratorias

 

REXISTRO CIVIL DE COIRÓS.

                                               T-20. Do 30.06.34 o 01.11.39.

NÚMERO, 13. FOLIO, 39.DESCOÑECIDO. De 25 a 30 anos. Atopado  na Costa do Sal o día 02.09.36. as dez horas. Creese que era xornaleiro. Hemorraxia interna. Soterrado no cemiterio de Santa María de Ois. (Autopsia 03.09.36.)

SEÑAS. Pelo negro, delgado, cexas negras, barba ídem, afeitado, fuciño regular, boca ídem, vestido con pantalón azul, chaqueta negra, camisa de tela marrón, calzado zapatillas encarnadas obscuras, sen camiseta, calcetins nin sombreiro.

¿Antonio Munch Zapata? Supostamente paseado en Coirós o 1-09-1936

 

Nº 17, F.- 41.DESCOÑECIDO. De 25 a 30 anos, o parecer xornaleiro (na marxe en lápiz: LUIS MARÍN CANADOS, fillo de Hilario e María) hemorraxia interna. Descubrese o cadáver as oitoo horas do 23.10. 36 na Costa do Sal. Soterrado no cemiterio de Santa María de Oís.

SEÑAS. Pelo negro, estatura regular, cexas negras, ollos idem, barba afeitada negra, fuciño regular, boca ídem, pantalón negro a raias, calzoncillos brancos, camisa de cremallera (sin mangas), sin ninguna outra prenda.

 

Nº 21, F- 43. CÁNDIDO ESPINOSA CEPEDA. Sobre uns 40 años. De Madrid e domiciliado en A Coruña, carretera da Torre ¿letra G? baixoo. Empleado no Hospicio de A Coruña.(Foi Presidente do “Sindicato de Hojalateros” e socio de “Germinal”). Casado con Sara Lòpez Fernández, xornaleira, 6 fillos. Aparece o corpor na Costa do Sal o 24 de agosto último as diez horas, ignorándose as causas da muerte. Faise a autopsia as 16 horas do 17.11.36. Sepultado no cemiterio de Fray Pedro, parroquia de Santa María de Oís.

 

Nº 22, F- 44.DESCOÑECIDO.De 30 a 35 anos, atopado en Picouces el 02.12. 36 as dez horas. Hemorraxia interna. Soterrado no cemiterio de Santa María de Oís.

SEÑAS. Ollos, pelo e cexas castaños, de regular estatura, gordo, fuciño regular, boca idem, afeitado, vestido con pantalón azul, chaqueta gris, camisa azulada, xersei marrón, calzoncillos brancos, zapatos e calcetins marrón obscuros e ligas de …a cuadros.

No mesmo folio na marxen esquerda con data 06.12.36, identificase o corpo coma o de BAUTISTA MOSQUERA RODRÍGUEZ, de 28 anos de idade, natural de San Ciprían no partido xudicial de Viveiro e veciño de A Coruña con domicilio en Fernández Latorre, nº 46, de profesión mariñeiro, fillo de Antonio e Carmen, casado con Rosa Iglesias Santiago,  non deixa sucesión.

 

Nº 19, F- 55.DESCOÑECIDO De 50 a 55 anos. Parece labrego. Foi atopado no río Mendo, a altura do lugar de A Bárcia o 24.06.37 as 18 horas. Asfixia por submersión (autopsia el 26.06.37). Soterrado no cemiterio de San Xulián de Coirós.

SEÑAS. Pelo e cexas castaños, boca e fuciño regulares, estatura regular, gordo, con unha cicatriz no lado esquerdo da cara, afeitado, pantalón gris, chaqueta azul, camisa, camiseta e calzoncillos brancos, calcetins cor encarnado, zocos con piso de goma, sen chaleco nin sombreiro

O fillo roxo do cura de Mariz (Lugo) que logrou salvarse de dous fusilamientos

Artigo de “La Voz de Galicia”, – 25 xulio 2010

Xosé Carreira. 25/7/2010

Julio Castelo fuxiu os montes de Guitiriz no 1936, foi capturado e condeado a cadea perpetua a cumplir nun campo de concentración do que fuxiu.

A recuperación da memoria histórica permite descubrir vidas sorprendentes, hasta ahora descoñecidas, de persoaxes que, polas sus ideas, sufriron con dureza a represión franquista. Este é o caso de Julio Castelo, un veciño de Mariz, en Guitiriz, que increíblemente no acabou enterrado nuha fosa ou nunha cuneta coma outros miles de persoas. Comezou de fuxido polos montes da parroquia, pero esa fuga non foi nada comparada coa que protagonizou do cárcere pamplonesa de Ezkaba xunto a outros 800 reclusos. Salvouse polo menos en duas ocasions de ser paseado. Despois de ter superado todo tipo de calamidades e volver a sua terra donde formou unha familia. Morreu dun ataque o corazón nunha cama do Hospital Xeral de Lugo un día de 1984 cando so tiña70 años.

Anxo Castelo, un dos seus netos, ocupase  de recopilar toda a historia de Julio. Ten entre as suas mans unha tarefa emocionante porque o seu avó fixo frente con valentía a unha vida durísima e en loita permanente en defensa das suas ideas. O seu neto é quien posibilita, agora, recuperala memoria deste singular personaxe chairego.

Julio Castelo nado en 1916 en Mariz. Foi fillo do que era por aquel entonces cura da parroquia. «Naquela época ser fillo de nai solteira e ter como pai ao cura, supoño que foron conferindo unha personalidade especial ao meu avó», recordou Anxo.

Os poucos meses de nacer, a sua nai refixo a sua vida casándose con outro. A raíz do matrimonio, din na  parroquia, que se desentendeu do seu pequeno. Julio tivo que ser criado por uns primos. Sua nai organizou a  sua vida deixandoo a marxen.

Conta o seu neto, polos datos que recabou, que o pai de Julio -o cura de Mariz- iba de vez en cando a escola, colliao no  colo e daballe dous reais. Incluso nalgún momento o párroico chegou a entregar unha cantidade considerable para a manutención e emancipación do neno, pero parece que no chegou a recibir ni un patacón. Contase tamén que o párroco chegou  a tentar deixarlle  en herencia a  rectoral de Mariz, pero tal planteamento parece que chegou a xerar un escándalo de pai e señor noso entre os curas do arciprestazgo. O final, non puido ser.

As ideas comunistas de Julio obrigárono, con vinte anos, a refuxiarse nos montes da parroquia cando comezou a guerra civil. Votou algún tempo fugado, pero el e os seus compañeiros de fuxida foron delatados por un chivato.

Salvado no paredón:

Trala captura houbo una orden inmediata de fusilamento contra todos os capturados. Cando as execucions estaban a punto, presentouse un cura para darlles a bendición e o acercarse a Julio, pideu os responsables do fusilamento que non o matasen.Seu pai había intercedido por él. Cando abandoaba a  fila ve como os disparos acaban coa vida dos seus compañeiros. Pasado o  tempo, Castelo dixo varias veces a os seus dous fillos e a dona: «Non me mataron por ser fillo dun cura».

Julio salvouse das balas, pero no tardou en ser condeado en A Coruña por un tribunal a unha pena de cadea perpetua: 30 anos de cárcel. ¿Omotivo? Unha acusación de rebelión militar, según se reflexa nos documentos que manexa seu neto. Esta condea supuso que o meteran, xunto con outros moitos, nun tren con un negro destino: o campo de concentración establecido no  forte de San Cristóbal, no monte de Ezkaba. O ingreso, xunto con outros 22 galegos, produxose o 8 de febreiro de 1937.

FONTE: Proxecto Nomes e Voces

José de Alba Díaz

Prisión
Home de 24 anos, Estudante
Veciñanza: Guitiriz (Lugo)
Xulgado na Coruña por deserción fronte ao inimigo co resultado de sentenza a prisión 6 anos.
Argentina Álvarez Corzo
Proceso
Muller de 38 anos, Traballo na casa
Veciñanza: Guitiriz (Lugo)
Xulgada en Lugo por inxurias co resultado de sobresemento provisional e posta a disposición da autoridade gobernativa.
Francisco Calvo Jove

Proceso
Home de 38 anos, Xornaleiro
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Buriz, Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado militar de Orde Pública.
Higinio Campo Roca
Proceso
Home de 33 anos
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Parga, Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Lugo por inxurias co resultado de sobresemento provisional.
Bernardo Castelo Losada

Paseo
Home, Industrial
Veciñanza: Guitiriz (Lugo)
Morte de forma violenta.
Aquilino Cimadevila Fueyo

Proceso
Home de 42 anos, Empregado/a
Veciñanza: Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Lugo por inxurias co resultado de sobresemento provisional e a disposición da autoridade gobernativa.
Pedro Díaz Carrera

Proceso
Home de 20 anos, Empregado/a
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Guitiriz-estación (en 1937), Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Ferrol por rebelión (causa seguida polos sucesos do Arsenal). Lolitou no Exército franquista, “Caballero Mutilado”, en 1940 absolto libremente
Ubaldo Díaz Carrera

Proceso
Home de 19 anos, Militar
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Guitiriz-estación (en 1937), Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentencia absolución libre en 1940. Fora expulsado da armada en novembro do 36 polo pouco celo e amor ao servizo militar nos sucesos de xullo.
José Fanego Castro

Proceso
Home de 46 anos, Labrego
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Vilargabín-Vilares., Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de absolución e posto en liberdade
Luis Lage López
Detención
Home, Labrego
Veciñanza: Guitiriz (Lugo)
Detención sen procesamento xudicial.

Ramiro Martínez López

Proceso
Home de 39 anos, Labrego/a
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Buriz, Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado militar de Orde Pública.
María TeresaPereira Paz
Proceso
Muller de 35 anos, Traballo na casa
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Labrada, Guitiriz (Lugo)
Xulgada en Ferrol por auxilio á rebelión co resultado de absolución, sendo posta en liberdade
José Pérez Pérez 
Detención
Home, Industrial
Veciñanza: Guitiriz (Lugo)
Detención sen procesamento xudicial.
Sebastián Rodríguez Carranza
Prisión
Home de 52 anos, Fotógrafo/a
Veciñanza: Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Ángel L Romero Vázquez

Desaparición
Home, Mestre/a
Veciñanza: Trasparga, Guitiriz (Lugo)
Fuxido e en paradoiro descoñecido. Infórmase dunha posíbel morte por suicidio.
Manuel Souto Felpeto

Proceso
Home de 53 anos, Labrego/a
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Buriz, Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado sobresemento provisional e a disposición do delegado militar de Orde Pública.
Domingo Souto Pérez

Proceso
Home de 28 anos, Ferreiro/a
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Buriz, Guitiriz (Lugo)
Xulgado en Lugo por rebelión militar co resultado de sobresemento provisional e a disposición do delegado militar de Orde Pública.
Serafín Trinidad, “da casa “Do Rei””

Proceso
Home de 29 anos, Albanel
Natural de Guitiriz (Lugo)
Veciñanza: Os Vilares, Guitiriz (Lugo)
Xuglado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de sobresemento provisorio e posta a disposición da Caixa de Recruta.
Descoñecido

Paseo
Home de 30 anos
Morto o 11 de agosto de 1936
Morte rexistrada en Lagostelle-Guitiriz, a causa de ferida mortal por disparo de arma de fogo.
Descoñecido
Paseo
Home de 30 anos
Morto o 11 de agosto de 1936
Morte rexistrada en Lagostelle-Guitiriz a causa de feridas mortais producidas por arma de fogo.
Descoñecido

Paseo
Home de 30 anos
Morto o 11 de agosto de 1936
Morte rexistrada en Lagostelle-Guitiriz a causa de traumatismo con eliminación da bóveda craneana e da masa encefálica.
Descoñecido

Paseo
Home de 34 anos
Morto o 17 de setembro de 1936
Morte rexistrada en Parga-Guitiriz a causa de shock cardíaco producido por tiro sobre o corazón.

Fermín ??

Paseo
Home de 35 anos
Veciñanza: A Coruña (A Coruña)
Morto o 24 de outubro de 1936
Morte, ás 10, rexistrada en Guitiriz a causa de shock cardíaco. Aparición do cadáver en Lagostelle.
Descoñecido

Paseo
Home de 22 anos
Morto o 23 de outubro de 1936
Morte rexistrada en Lagostelle-Guitiriz a causa de shock cardíaco.
Descoñecido
Paseo
Home de 22 anos
Morto o 23 de outubro de 1936
Morte rexistrada en Lagostelle-Guitiriz a causa de shock cerebral.
Descoñecido
Paseo
Home de 35 anos
Morto o 23 de outubro de 1936
Morte rexistrada en Lagostelle-Guitiriz a causa de shock cerebral.
José Edreira Seoane,  “O Chuno”
Desaparición
Home de 22 anos
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
Morto o 13 de agosto de 1936
Detido o 12 de agosto do 1936 e paseado ao día seguinte en Guitiriz , segundo declara o seu pai en proceso militar por deserción (realmente o feito semella que tivo lugar na Reborica-Aranga). Non se admite a testemuña do pai e será declarado en rebeldía.
Antonio González Costa
Paseo
Home de 26 anos
Veciñanza: Atocha Alta, 55-2º, A Coruña (A Coruña)
Morto o 23 de outubro de 1936
Morte rexistrada en Santa Mariña de Lagostelle-Guitiriz a causa de shock cerebral
José  Muíños Fernández
Paseo
Home de 25 anos, Propietario/a
Natural de Culleredo (A Coruña)
Veciñanza: Rutis, Culleredo (A Coruña)
Morto o 13 de setembro de 1936
Morte a causa dun shock cerebral a consecuencia dunha malleira. Aparece o cadáver en Roca-Guitiriz sobre as 10. Semella que amorte producíuse unhas 34 horas antes da aparición do corpo.

Luis Palleiro Freire
Paseo
Home de 19 anos
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Travesía de primavera, 30, A Coruña (A Coruña)
Morto o 24 de outubro de 1936
Morte, ás 10, rexistrada en Guitiriz a causa de shock traumático. Aparición do cadáver en Lagostelle.
Edmundo Peinado Ponte

Paseo
Home de 27 anos, Empregado/a
Natural de A Coruña (A Coruña)
Veciñanza: Atocha Alta 70-baixo esquerda, A Coruña (A Coruña)
Morto o 24 de outubro de 1936
Morte, ás 10, rexistrada en Guitiriz a causa de shock traumático. Aparición do cadáver en Lagostelle.
ManuelPérez González “Zoqueiro”
Paseo
Home de 47 anos, Carpinteiro
Natural de Monforte de Lemos (Lugo)
Veciñanza: Estrada de Quiroga, Monforte de Lemos (Lugo)
Morto o 12 de setembro de 1936
Morte rexistrada a causa de shock cerebral. Aparición do cadáver no Km. 555 da estrada Madrid-A Coruña, en Lagostelle-Guitiriz.
Ángel Rilo Raposo

Paseo
Home de 28 anos
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Monelos 157-2º, A Coruña (A Coruña)
Morto o 24 de outubro de 1936
Morte, ás 10, rexistrada en Guitiriz a causa de shock traumático. Aparición do cadáver en Lagostelle.
Abel Rodríguez Cabana, “Del Cristino”
Desaparición
Home
Veciñanza: Becerreá, Becerreá
Infórmase nunha causa da aparición do seu cadáver en Guitiriz ou Rábade. Previamente declarado en rebeldía.
AgustínRodríguez González
Paseo
Home de 41 anos, Xornaleiro
Natural de O Saviñao (Lugo)
Veciñanza: Bos Aires
Morto o 13 de setembro de 1936
Morte rexistrada en Santa Mariña de Lagostelle-Guitiriz, no km.555 da estrada Madrid-A Coruña, a mans da Garda Civil en aplicación da Lei de Fugas.

Fonte: proxecto Nomes e Voces

Manuel Calvelo López

Execución
Home de 35 anos, Profesor universitario. Natural de Santiago de Compostela (A Coruña)
Veciñanza: Madrid
Morto o 31 de decembro de 1936
Detido en Curtis, terra da súa muller, e xulgado en Compostela por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte. Executado en Compostela. A súa dona Isabel Ríos en prisión
Descoñecido
Paseo
Home de 28 anos
Morto o 26 de setembro de 1936
Morte rexistrada en Mesía a causa de traumatismo craneoencefálico por disparo. Aparición do cadáver en Montouto de Cumbraos entre o Km. 4 e 5 da estrada Curtis-Lavacolla.
Descoñecido

Paseo
Home de 50 anos
Morto o 09 de outubro de 1936
Morte rexistrada en Curtis a causa de hemorraxia. Aparición do cadáver na vía férrea.
Descoñecido
Paseo
Home de 50 anos
Morto o 06 de febreiro de 1938
Morte rexistrada en Curtis a causa de asfixia mecánica por submersión. Aparición do cadáver en Monte da Froula-Teixeiro.
José Rilo Garabal, “O Machacante”

Paseo
Home de 24 anos, Chofer
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos (A Coruña)
Morto o 15 de agosto de 1936
Morte rexistrada en Curtis a causa de hemorraxia. Aparición do cadáver en A Naveira-Curtis.
Manuel Vales Fernández

Paseo
Home de 31 anos, Camareiro/a
Natural de Betanzos (A Coruña)
Veciñanza: Betanzos, Betanzos (A Coruña)
Morto o 15 de agosto de 1936
Rexistrado en Curtis morto a causa de hemorraxia. Lugar de aparición do cadáver: A Naveira-Curtis

 

 

publicidade

Podes atopar parte dos contidos da antiga web en :

santiaranga.wordpress.com

en redes sociais

Versión para imprimir | Mapa del sitio
© Santiago Fernández Sánchez