O Castro de As Cotorras
Somos tribus desde que camiñamos pola terra
O Castro de As Cotorras
Consta de dous corpos e duas plataformas. A primeira defensa consta dunha muralla que cerra na croa polos seus extremos. Na entrada pódense observar dous abultamentos en forma de torreóns, o grosor da defensa varía de 3 a 4 metros, con 5 metros de altura aproximada. Entre esta primeira defensa e a croa hai un espazo interior de 50 x 100 mts.Podendose observar unha rampa que leva a croa.
A croa mide aproximadamente 50-60 x 80-100 metros. Dous posibels torreóns de 2 a 3 metros de ancho franqueaban a entrada a mesma, a altura desta defensa chega a medir de 12 a 15 metros con respecto o posibel antecastro. O interior da croa está cheo de pedras, podendose apreciar que foi lugar de extracción de dito material
Atopáronse neste castro varias pedras de muiño, redondos e barquiformes. Tamén restos cerámicos, pedazos de olas…
Existen unhas letras grabadas nunhas rochas cerca do castro, non está establecido o significado ou fin destas sinais. En tempo apuntouse a un punto de demarcación do mosteiro de Sobrado.
Unhas investigacións recentes apuntan a que existiron outras construccións nos arredores do Castro, a falta de saber se se corresponden cronoloxicamente ou o uso que lles deron

Petroglifo no Casto
Imaxe do petroglifo no entorno do Castro. A falta de outos similares dificulta a interpretación e orixe.