
Camiños históricos
Desde que a humanidade votou a andar non deixou de abrir camiños, andando, domando animais... en coche... Camiños onde se gravaron pegadas que perduran ata hoxe
Pola súa localización xeográfica a capital municipal Ponte Aranga, constitúe un dos eixes fundamentais nas comunicacións do municipio con outros lugares máis ou menos afastados. Así mesmo a súa posición sitúa o Concello nunha, pouco aproveitada, posición estratéxica con respecto a comunicación entre Lugo, A Coruña e Santiago. Hai identificados oito Camiños Reais que compoñían unha intricada rede que comunicaba esta zona con lugares como Irixoa, Curtis, Sobrado, Betanzos, As Pontes ou Vilalba.
Os camiños
- Ponte Aranga – As Pontes de García Rodríguez, través de Cambás e Xestoso.
- Ponte Aranga – Irixoa, pasando por Pereira.
- Camiño da Veiga. Dende Ponte Aranga, dirixíase a Betanzos, a través da Veiga e Irixoa. Inda hoxe se poden visita-los restos da antiga ponte que cruzaba o Mandeo, pola Veiga. Contaba cunhas impresionantes bases en perpiaño de granito que salvaban a canle nun punto no que a anchura do río require unha importante obra de enxeñería. Estivo en funcionamento ata a primeira metade do século XX, cando o Camiño Real ó que daba servizo caeu en desuso. Este ramal, formaba parte do Camiño Real de Vilalba a Betanzos, que arrancando na capital da Terra Chá, abandonaba a provincia de Lugo e entraba na antiga provincia de Betanzos, a través da Serra da Loba.
- Ponte Aranga – Betanzos, a través de Muniferral. Na actualidade a estrada de Ponte Aranga a Parada, sigue o trazado deste Camiño Real, case na súa totalidade.
- Ponte Aranga – Sobrado, a través da Castellana e Vilarraso. Este era un dos máis utilizados polas implicacións señoriais do Mosteiro de Sobrado ca freguesía de San Paio de Aranga.
- Aranga – Guitiriz, arrancaba de Ponte Aranga, e seguía polos lugares de Congostro, O Barreiro, A Fraga, A Cima de Aranga, O Carballal e Os Vilares.
- Ponte Aranga – Friol, a través do Pousadoiro.
- Por Fervenzas pasaba a via XX dirección a Lugo que conectaba coa via XIX a Sobrado.